jueves, 24 de noviembre de 2011

actividade 6.1 A EMPRESA DE TUNING


De entre todas as ideas que  podemos atopar na paxina de BicGalicia elixín a do taller de tuning porque en especial e un tema que me gusta e que nestes momentos ten moita afección e a xente nova en xeral gústalle ter a moto ou coche con algún detalle desta práctica.
Pero vos mesmos vos preguntaredes: “ que é o tuning?”.
A definición correcta sería esta:
·       O concepto Tuning provén do inglés e  defínese como a "arte" de mellorar o estado orixinal dun automóbil a través do uso de partes mecánicas e accesorios en xeral, para así, obter maiores prestacións e rendemento que o motor orixinal.


Tabla que indica as cousas necesarias mínimas:
A IDEA
1. Orixe da idea
Trátase de un ou dous emprendedores afeccionados ao tuning que nalgúns casos, xa traballaron anteriormente nesta actividade. Deciden crear o seu propio negocio debido á crecente demanda deste tipo de servizos.
2. Concepto de negocio
Modificación de vehículos enfocada á súa personalización e venda de accesorios.
3. Claves competitivas
Calidade dos produtos e servizos. Homologación de pezas e modificacións. Exclusividade na comercialización de certas marcas.
4. Aspectos críticos
Ausencia de formación regrada específica. Escasos coñecementos sobre xestión empresarial.



CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DA EMPRESA TIPO
CONDICIÓN XURÍDICA
Na maior parte dos casos  trátase de autónomos, aínda que tamén poden adoptar a forma xurídica de sociedade limitada ou cooperativa
FACTURACIÓN
120.000 €
LOCALIZACIÓN
Zonas urbanas con boas vías de acceso e cunha zona de aparcamento.
PERSOAL E ESTRUTURA ORGANIZATIVA
Un emprendedor e un traballador
INSTALACIÓNS
100 m2
CLIENTES
Particulares, talleres e clubs
CARTEIRA DE PRODUTOS  E SERVIZOS
Pezas e modificacións de automóbil de diversa natureza: dinámica, aerodinámica , interiores, son
FERRAMENTAS DE PROMOCIÓN
Anuncios na radio e prensa especializada, anuncios en Internet, en directorios comerciais, páxina web, rótulo exterior, asistencia a concentracións, merchandising (camisetas, adhesivos, etc.)
VALOR DO
INMOBILIZADO/INVESTIMENTO*
51.800 €
IMPORTE DOS GASTOS
114.582
RESULTADO BRUTO
5%

Ainda que o beneficio non é moi alto só un 5 % de resultado Bruto conseguese una cantidade de cartos importantes ainda que fan falla moita inversión porque fai falta moitas ferramentas, materiais e maquinarias para poder traballar sobre os coches ou vehículos.
Necesitas una zona con boas vías de comunicación e con sitio para aparcar como por exemplo na zona preto do San Martiño.


Na zona de Carballo coñecense varios talleres deste tipo como por exemplo talleres Paco en Bertoa e  existen outros na zona do Parque Do San Martiño e na zona da Vila de Negreira e existen outras maís pero que non caben destacar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario